VÍCTOR SENRA E JOSÉ MURADO VENCEN O RALLYE DO COCIDO

6 abril, 2024

Víctor Senra e José Murado, aos mandos do Citroën C3 WRC acadaron o triunfo no Rallye do Cocido, segunda cita puntuable para o Campionato Xunta de Galiciade Rallyes e que este ano retornou ao certame autonómico logo do seu paso polo Nacional.

O vixente campión galego foi sumando segundos de vantaxe despois dun primeiro treito no que non marcaron o mellor crono. Esta honra no retorno do rallye ao Campionato de Xunta de Galicia recaeu en Daniel Berdomás e Brais Mirón, que non puideron aguantar o empuxe do equipo do Citroën C3 WRC.

Finalmente, Senra e Murado remataron a proba con 53 segundos de vantaxe sobre o segundo Alberto Otero e Jordán Vázquez, tamén aos mandos dun Citroën C3 WRC, nun resultado excelente despois do abandono do Rallye de A Coruña.

Completoaron o podio Alberto Meira e Avelino Martínez, que protagonizaron unha fermosa loita con Otero e Vázquez durante toda a xornada. Sen embargo, un trompo en Saborida fíxolles perder un fermoso tempo que lles arrebatou todas as posibilidades de optar ao segundo chanzo do podio.

No cuarto posto da clasificación xeral situáronse Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, mentres que o quinto foi para Jorge Pérez e Miriam Vera.
Dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia B, o primeiro posto da clasificacion foi para Antonio Fernández «Ventura” e Alberto González, no Mitsubishi Lancer Evo X R4. A continuación, Fermín Sousa e Carmen González foron segundos e Manuel Fernández e Alex Cid terceiros.

David Fernández e Martín Villanueva foron os mellores na Top Ten Pirelli Driver Autia C aos mandos do Citroën Saxo. Alberto Rielo e Diogo Rodríguez foron segundos clasificados e terceiros Pablo Sánchez e Rubén Tourón, terceiros.

Na Pirelli AMF MS, victoria para Álvaro Pérez e Manuel Alfonso Estévez, por diante de Jacobo Segade e Andrea Fidalgo e Carlos Conde e Pablo González.

Marco Lorenzo e Diego Gil sumaron o súa primeira victoria do curso aos mandos do Peugeot 106. Segundos clasificados foron Maikel Santos e Daniel Pérez e terceiros Luis González e Ezequiel Salgueiro, mesmas posicións que ocuparon na PXP 25.

Entre os históricos, primeiro posto para Javier Carracedo e José Antonio Barrán, seguido de Juan Manuel Freiria e Adrián Salgueiro e Luis e Sandra Gil.

Por último, dentro do Criterium Recalvi, quizais a copa máis emocionante da proba, victoria final para Yeray González e Xoel Álvarez, con un minuto de vantaxe sobre Raúl Delgado e Jonathan Lameiras. Finalmente foron terceiros clasificados Martín Varela e Laura Díaz.

Compartir