O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES AFRONTA A SÚA TERCEIRA DATA PUNTUABLE NO BERBERECHO DE NOIA

19 abril, 2024

O Campionato Xunta de Galicia non se detén. Esta fin de semana, o Rali Berberecho de Noia convírtese na terceira parada dun certame en plena forma e con nada menos que 133 equipos na liña de saída.

A cita coruñesa, organizada por unha Escudería Berberecho que está de aniversario, afronta contará novamente con milleiros de afeccionados nos oito treitos cronometrados que compoñen esta edición.

Tal e coma sucedeu nas dúas probas anteriores, o programa levará a competición exclusivamente a xornada do sábado, coas verificacións técnicas e administrativas e a cerimonia de saida para o venres.

Desta forma, dende as 14:00 horas deste venres os equipos pasarán o control previo a desplazarse ata a cerimonia de saída, que terá lugar dende as 20:30 horas dende a Alameda de Noia.

Xa na xornada do sábado, oito treitos cronometrados con comezo as 08:35 horas e chegada ao parque pechado final de rallye as 20:20 horas.

En canto a representación de equipos, novamente tres vehículos WRC na liña de saida con Víctor Senra e Néstor Casal, Alberto Otero e Jordán Vázquez e a novidade da presenza de Manuel Senra e Faustino Suárez cun Ford Fiesta WRC.

Despois revivirase unha fermosa loita polo Supercampionato Pirelli Recalvi entre os principais equipos do certame. Alberto Meira e Avelino Martínez parten coma favoritos co permiso de Daniel Berdomás e Brais Mirón, Iago Caamaño e Alberto Rodríguez ou Jorge Pérez e Miriam Vera, entre outros.

Ademáis, tamén estarán na liña de saida de Noia os participantes dos distintos formatos promocionais do Galego de Rallyes coma a Top Ten Pirelli Driver Autia B e C, a Pirelli AMF MS ou o Volante FGA e Promoción Xoven Piloto, que abofé darán momentos de grande emoción a una cita xa clásica dentro do campionato autonómico de rallyes.

Compartir