Lei de transparencia

Portada » Lei de transparencia

Lei 9/2013, de transparencia

A Federación preparou a información de acordo ó establecido na Lei 19/ 2013, de transparencia, acceso á información pública e de bo goberno.

Os datos refírense exclusivamente ós asuntos especificados na citada normativa, publicada no BOE número 295 de 10 de decembro de 2013, establecendo o seu artigo 1 que ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigas de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos así como as consecuencias do seu incumprimento.

Esta federación está suxeita á devandita Lei, e forma parte da política de transparencia da mesma xa iniciado con anterioridade á mencionada normativa, sendo unha base fundamental na xestión xeral impulsado polo actual e anteriores órganos de goberno.

Os termos “FGA”, “Federación” ou “esta Entidade”, salvo indicación en contrario, deben entenderse referidos á Federación Galega de Automobilismo.

Natureza xurídica e funcións da Federación

A Federación Galega de Automobilismo, constituída ó amparo do artigo 27.22 do Estatuto de Autonomía de Galicia, así como da Lei 11/97 de 22 de agosto Xeral do Deporte de Galicia e adaptada á Lei 3/2012, do Deporte de Galicia, é unha entidade privada sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, cun ámbito de actuación que se estende ó territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, no desenvolvemento das funcións que lle son propias. Ten como fin a reunión e dirección dos deportistas, oficiais de proba e das Escudarías, Seccións Deportivas, Asociacións Deportivas, dedicadas á práctica do deporte do automobilismo deportivo nas súas diversas modalidades, para o fomento, promoción, orientación, regulación, dirección e coordinación con carácter exclusivo do automobilismo deportivo dentro do territorio de Galicia, sen ánimo de lucro e en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Especificamente son consideradas como modalidades-especialidades do automobilismo deportivo as seguintes competicións por circuítos, estradas, camiños e campo a través de tódalas clases:

  • Rallys e Montaña
  • Autocross e Rally Cross
  • Karting
  • Slalom
  • Todo Terreo, 4×4, Rutas, Raid e Quad
  • Automóbiles antigos-concentracións
  • Rallymix

Funcións propias

  • A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.
  • Colaborar coas Administracións Públicas e coa Real Federación Española de Automobilismo, así como coas restantes entidades deportivas na promoción das súas respectivas modalidades.
  • Colaborar coa Administración Deportiva Autonómica na execución dos plans e programas dos deportistas galegos de alto
    nivel.
  • No seu caso e de conformidade coa normativa que sexa de aplicación, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.
  • Colaborar ca Administración Deportiva Autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros de conformidade coa normativa que sexa de aplicación.

Funcións públicas delegadas

  • Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súas modalidades, de conformidade coa normativa que sexa de aplicación.
  • Organizar e autorizar as competicións oficiais autonómicas que se desenrolen por entidades ou persoas federadas.
  • Expedir licencias deportivas para a práctica da súas modalidades deportivas nos termos que establece a Lei 3/2012 do Deporte de Galicia.
  • Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas a través da Federación Galega de Automobilismo e controlar a súa aplicación por parte dos seus asociados.
  • Garantir o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigas derivados do cumprimento dos Estatutos.
  • Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos nos Estatutos, nos Regulamentos e na Lei 3/2012 do Deporte de Galicia e polas demais disposicións de desenrolo.
  • Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.
  • Colaborar coas Administracións Públicas competentes na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. A estes efectos, os órganos disciplinarios da Federación Galega de Automobilismo instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito da dopaxe se substancien, de conformidade co establecido no Capítulo XV dos Estatutos e no título VIII da Lei 3/2012 do Deporte de Galicia.
  • Calquera outra que regulamentariamente se determine

Normativa aplicable.
Estructura organizativa.

Contratos subscritos coa Administración Pública

Para o exercicio 2022 a Federación Galega de Automobilismo non ten subscrito, nin vixente de exercicios anteriores, ningún
contrato coas Administracións Públicas.

Convenios subscritos coas Administracións Públicas.
Subvencións e axudas recibidas das Administracións Públicas.
Orzamentos Federativos.
Contas anuais aprobadas pola Asemblea e informe de auditoría.
Retribucións anuais dos máximos responsables federativos.