O Campionato Xunta de Galicia de Autocross desprazouse na xornada do sábado 27 de setembro ata o circuito de Carballo para afrontar a penúltima proba do Campionato Xunta de Galicia da especialidade.
Un certame que consagrou a tres dos catro campións posibles nun día marcado polas intensas chuvias caídas no trazado coruñés.
Na Clase 1, primeira posición para David Varela, que no Peugeot 306 marcou un crono na final de 4;44.684, case cinco segundos máis rápido que o segundo clasificado, Javier Lea. O terceiro chanzo do podio foi para Alejandro Vecino, a algo máis de sete segundos.
Con este resultado David Varela fíxose co título da Clase 1 nesta tempada 2025.
Na Clase 2, victoria e título para Jon Ander López no seu habitual Citroën Saxo. López foi o mellor na manga final cun rexistro de 4:40.490, algo menos de dous segundos máis rápido Martín Castro e algo e Rubén Pico.
Entre os carcross júnior, primeira posición final para Pablo Molinos, nunha final na deixou o crono parado en 4:16.775. O segundo posto e con el o título autonómico foi para Lolo Bermúdez, mentres que o terceiro posto foi para Andrés Iglesias.
Daniel Cierto foi o mellor na MRF Júnior por diante de Xaquin Corbal, piloto becado pola Federación Galega de Automobilismo.
Por último, na sempre abondosa categoría de carcross, primeiro posto para Esteban Trigo, seguido de Darío Calviño e de Sergio Bastón. Trigo fixo un tempo na final de 4:00.812, 1.6 segundos máis rápido que o segundo clasificado da competición. O título desta modalidade coñecerase na derradeira proba, en O Castro.
Manuel Martins foi o mellor entre os pilotos participantes na MRF Sénior, con Manuel Costas na segunda posición.
O Campionato Xunta de Galicia de Autocross baixará o pano nunhas semanas coa celebración do 32 Autocross de O Castro, o 11 de outubro.
