CUEVA, FERNÁNDEZ, MÉNDEZ, RODRÍGUEZ E FERNÁNDEZ OS MELLORES NO KARTING DE A MADALENA

28 septiembre, 2025

Fin de curso nun novo certame coa celebración esta semana do Karting de A Madalena, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Unha proba cunha participación de 90 equipos e o tempo coma inimigo da fin de semana, especialmente durante o sábado, xornada na que se celebraron os adestramentos e os máis pequenos da categoría non competitiva pre-rookie rodaron no circuito. Afortunadamente o sol saliu poucos minutos antes das dúas carreiras para permitir que o público e os participantes desfrutasen do trazado pontevedrés.

Na categoría Mini, primeira posición para Alba Cueva con dúas victorias noutras tantas carreiras, por diante de Jorge Núñez e Dani López. Enzo Prada foi o mellor entre os Mini Nóvel, por diante de Alex Busto e Hugo Pereira.

Entre os Rookie, primeira posición para Alex Fernández, con Bernardo García en segunda posición e Neizán Granda na terceira.

A sempre interesante categoría Júnior deixou a Alejandro Méndez como gañador. Completaron o podio desta carreira Dani García e Kevin Fernández.

Un chanzo por riba, entre os Sénior, primeira posición para Nicolás Rodríguez. Saúl Vaz e Brais García foron segundo e terceiro, respectivamente.

Por último, na máxima categoría, a KZ, victoria para Jorge Suárez (tamén primeiro en KZ2), seguido de Luis Fernández e Alfonso Fernández. O segundo e terceiro clasificado en KZ foron Diego González e Miguel López.

Co campionato rematado, resta por disputar o gran fin de festa do karting galego, a Supercopa, que nesta ocasión terá lugar no circuito de Outeiro de Rei, en Lugo (28,29 e 30 de novembro).

Compartir