TOURO MARCA O COMEZO DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYMIX

3 mayo, 2024

A localidades coruñesa de Touro acolle dende este venres o inicio do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, nun inicio de curso que contará con 90 equipos na liña de saida.

Ao igual que sucedeu a pasada tempada, Touro será o punto de inicio dun certame que cada ano crece en monturas e calidade organizativa. A escudería Touro Motor renovou o percorrido para facelo máis atractivo aos participantes e afeccionados, nunha cita rápida e técnica á vez.

Na lista de inscritos, máis de 30 carcross, coa novidade da creación do Trofeo MRF, que premiará económicamente ao mellor participante que utilice este pneumático. Tamén renovación nas Copas Pirelli, que agora teñen apartados diferenciados dependendo do tipo de tracción.

En canto aos horarios, a actividade comezará este venres coas verificacións voluntarias dende as 17:00 horas.

Para os sábado o resto de verificacións dende as 08:00 horas da mañá, co inicio da primeira manga oficial marcada para as 12:00 horas da mañá. A continuación, como é habitual neste tipo de probas, realizaránse as dúas restantes do día.

O domingo, a partir das 09:00 horas da mañá comezarán as dúas mangas restantes da proba.

A entrega de premios está marcada para as 14:30 horas na Casa da Cultura de Touro.

Compartir