O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE SLALOM COMEZA ESTE SÁBADO EN GUITIRIZ

3 mayo, 2024

A localidade lucense de Guitiriz acolle este sábado 4 de maio a primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom, nunha competición con máis de 30 equipos na liña de saida.

A proba, cun percorrido marcado polo centro da localidade lucense, terá puntos de grande complexidade, o que porá a proba a pericia de todos e cada uno dos favoritos a victoria dentro das diferentes categorías.

Na lista de inscritos, varios dos grandes favoritos en cada una das proba puntuables na pasda tempada, o que garante unha loita a décima de segundo por subirse ao máis alto do podio.

A proba dará comezo ás 11:15 horas coa primeira das mangas de adestramentos. A continuación os equipos realizarán a segunda pasada polo treito, para iniciar as dúas mangas oficiais a partires das 16:30 horas.

A entrega de premios está marcada para as 21:30 horas no Campo da Feira de Guitiriz.

Compartir