O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE KARTING ARRINCA CON RÉCORD DE PARTICIPACIÓN NA MAGDALENA

3 mayo, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Karting, unha das modalidades con maior crecemento arrinca esta fin de semana no circuito da Magdalena en Forcarei con récord de participación.

En total serán máis de 70 equipos os que estarán presentes no inicio dun certame composto por catro probas e que terá en Forcarei a continuación do éxito do pasado ano.

Desta forma, os equipos inscritos, varios deles de fora de España, comezarán a actividade durante o sábado, no que poderán rodar para atopar os reglaxes ideais para o domingo. Ademáis, como ven sendo habitual, os deportistas máis xóvenes de Galicia, os pre-rookies, farán acto de presencia, nunha modalidade participativa e non competitiva.

Xa para o domingo, turno para as carreiras. Dende as 9:15 horas, os equipos comezarán cos adestramentos libres, para posteriormente afrontar os oficiais e as dúas carreiras, co fin da xornada marcado para as 15:30 horas coa entrega de premios aos mellores clasificados.

Compartir