TODO LISTO PARA O ARRANQUE DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYSPRINT GT2I EN PIÑOR

20 febrero, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i comeza esta fin de semana en Piñor, proba que apostou dende a primeira edición por un certame que non deixa de medrar.

En total serán 88 equipos máis sete extra os que tomarán a saída no inicio dunha competición que se presenta apaixoante.

Entre os favoritos, o vixente campión Javier Martínez Carracedo, que terá a equipos coma os formados por Toñito López, Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez ou a Abel Pampillón e José Lage coma rivais.

A nota exótica da proba a pon a presencia de Paolo Diana aos mandos dun Peugeot 208 N5 na categoría extra, que se suma aos seis R5/Rally2 presentes.

As verificacións optativas do venres deixarán paso o sábado 21 de febreiro ó resto de revisións técnicas para os participantes, os recoñecementos e, a partir das 14:20 horas, o primeiro dos treitos cronometrados da proba.

Despois de catro especiais, o primeiro equipo entrará no parque pechado da carreira ás 19:00 horas.

Compartir