Alejandro Pereira (nacido en Pontevedra) e Manuel Mariño (nacido en Mondariz) foron os vencedores da cuarta edición da Bolsa Carcross FGA, unha selección que contou con 18 xóvenes pilotos chegados das catro provincias galegas.
Despois dunha formación teórica e práctica, os candidatos repartíronse en tres grupos de seis participantes dos que sairon os seis finalistas.
Ahí, o mellor de todos foi Alejandro Pereira, que aventaxou ao segundo clasificado, Lucas Camba en apenas oito centésimas de segundo. Tras Pereira e Camba clasificouse Anxo Penas.
Desta forma Pereira será o novo piloto da FGA no Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre que comezará na Subida a Taboada.
En cuanto a competición para os carcross en autocross, o único capaz de chegar a grande final foi Manuel Mariño, que afrontou a ronda final sen a presión de ter que competir polo primeiro posto. Mariño competirá aos mandos dun Ya Car no Campionato Xunta de Galicia de Autocross, que comezará no Castro.
