TERCEIRO TRIUNFO CONSECUTIVO DA TEMPADA PARA VICTOR SENRA E NÉSTOR CASAL

20 abril, 2024

Víctor Senra, copilotado nesta ocasión por Néstor Casal, foi o vencedor do Rali Berberecho de Noia, terceirs proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Senra e Casal, aos mandos do seu xa habitual Citroën C3 WRC, non deron opción a ningún dos seus rivais nunha carreira na que a calor foi coprotagonista da xornads e na que soamente rematou un vehículo desta categoría tralos abandonos de Otero e Vázquez e Senra e Suárez nos treitos da tarde.

Desta forma, o segundo posto da clasificación xeral do rali e primeiro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, que no Skoda Fabia R5 acadou a terceira victoria neste formato en outras tantas probas celebradas.

Completaron o podio Daniel Berdomás e Brais Mirón, novamente penalizados pola picadura dun pneumático no seu Volkswagen Polo R5.
Iago Caamaño e Alberto Rodríguez foron os cuartos clasificados e Alberto Nimo e Mónica Álvarez, quintos.

Fran Oviedo e Eladio Gómez foron os primeiros clasificados da Top Ten Pirelli Driver Autia B, seguidos de Manuel Boizas e Ángel Castro e Adrián Campaña e Manuel Raido.

Antonio López e Raquel Raquel Rodríguez fixeron o propio na Top Ten Pirelli Driver Autia C. Acompañáronos no podio David Rivas e José Vieitez e Raúl Martínez e Bruno Pérez. Os dous equipos becados pola FGA formados por Álvaro Castro e Isidro Rey e Marcos Sanromán e Dani González foron cuarto e sexto deste formato, respectivamente.

Na Pirelli AMF primeira posición para Álvaro Pérez e Manuel Estévez seguido de Javier Lariño e Francisco Piñeiro e Miguel Suárez e Damián Pereira.

Dentro do Volante FGA primeiro posto para Marco Lorenzo e Diego Gil, que a súa vez foron os primeiros clasificados da PXP25. Segundo foi Luis Miguel González e Ezequiel Salgueiro (segundos de la PXP). Tercero foi Brais García e Adrián Filgueira. O podio da PXP pechouno Maikel Santos e Daniel Pérez.

Entre os históricos, primeiro posto para Javier Martínez Carracedo e José Antonio Vázquez Barrán, co Renault 5 GT Turbo. A continuación situáronse Juan Manuel Freiría e Adrián Salgueiro e Javier Andrade e Sergio Cancela.

A próxima proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes será na provincia de Lugo con motivo do Rallye Mariña Lucense

Compartir