O exitoso Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i continúa esta fin de semana coa celebración da terceira proba puntuable, o Rallysprint Val de Ramirás.
A cita ourensá, que terá pleno de inscritos ademáis dos dous extra participantes, confirma o éxito desta modalidade de competición posta en marcha pola nova directiva da FGA, que ofrece máis flexibilidade aos participantes á hora de competir en materia de tempo e gastos.
Novamente o abanico de equipos con opcións de victoria e amplo e con vehículos de distinto tipo, nunha competición na que partirán co dorsal número 1 Darío Calviño e Óscar Soto no Peugeot 205 Ya Car. Tamén parten con opcións Javier Martínez Carracedo e Marcos Fernández, Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez ou Abel Pampillón e José Lage, entre outros.
Ademáis, tamén estarán presentes os equipos participantes no Desafío Kumho, un aliciente para os equipos que compiten habitualmente no Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint.
En canto aos treitos, que son exactamente iguais á primeira edición, comezarán as 15:15 horas no primeiro bucle, e as 18:30 horas no segundo, cos habituais catro treitos cronometrados.
A entrega de premios será as 20:30 horas no podium situado na contorna da localidade de Ramirás.
