Javier Martínez Carracedo e Marcos Fernández, aos mandos do Renault 5 GT Turbo, foron os vencedores dun apaixoante Rallysprint Val de Ramirás, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i.
Carracedo e Fernández foron os máis rápidos despois da celebración dos catro treitos cronometrados, nunha xornada na que a calor deu unha tregua aos 90 equipos participantes.
O equipo do Renault 5 GT Turbo, cun tempo final de 27:21.236, aventaxou en tan só 6,6 segundos a Darío Calviño e Óscar Souto, no Peugeot 205 Yacar.
O terceiro chanzo do podio, a 14,6 segundos dos vencedores foi para Abel Pampillón e José Lage, no Mitsubishi Lancer Evo X.
Completaron os cinco primeiros clasificados, nun cambio de posicións no derradeiro treito, Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez (que marcaron o mellor crono no terceiro treito aos mandos do Mitsubishi Lancer Evo IX), e Javier Ramos Grille e Santi Nieto, no Ford Sierra Cosworth.
Lamentar os problemas sufridos por Toñito López e Santiago Gil cando pelexaban polo triunfo na clasificación xeral.
O primeiro equipo ourensán clasificado foi o formado por Fermín Sousa e Carmen González, no Renault 5 GT Turbo na sexta posición.
Daniel e Silvia Vicente foron os mellores no Desafío Kumho Dianteira e Javier Andrade e Xela Mariño no Traseira.
