SANTA COMBA ACOLLE UNHA NOVA PROBA DO AUTONÓMICO DE AUTOCROSS

18 julio, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross non se detén e este sábado 19 de xullo terá lugar a quinta proba puntuable, o Autocross de Santa Comba.

Coa cita coruñesa comeza a segunda metade dun certame apaixoante e que nesta ocasión contará con máis de medio cento de participantes nas catro categorías presentes. Na lista de inscritos, tódolos principais candidatos aos distintos títulos nas catro clases e, coma non, nas Copas MRF de carcross, tanto a sénior como a júnior.

Despois das verificacións técnicas a actividade comezará cos adestamentos libres a partir das 11:00 horas da mañá.

Ás 12:12 horas, turno para os adestramentos oficiais.

Ás 15:00 horas, despois do reacondicionamento do circuito, turno para as dúas mangas clasificatorias. Xusto a continuación, ás 18:15 horas da tarde, turno para as finais.

A entrega de premios terá lugar despois da publicación dos resultados.

Compartir