ALFONSO “PISKO” VENTÍN E TINO E JORGE IGLESIAS, OS MELLORES NO RALLYMIX DE TOURO

5 mayo, 2024

Alfonso “Pisko” Ventín, na clase A, e o equipo formado por Tino e Jorge Iglesias na B, foron os mellores clasificados no Rallymix Concello de Touro, que tan só puido celebrar as tres primeiras mangas oficiais debido as condicións climatolóxicas, que non permitiron continuar coa proba nas condicións adecuadas de seguridade durante o domingo.

A chuvia e o vento foron as protagonistas non desexados do inicio do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, unha situación que puxo a proba a resistencia tanto do organizador coma dos equipos participantes.

No tocante a clasificación da clase A, con máis de 30 equipos inscritos, triunfo para Alfonso “Pisko” Ventín, que aos mandos do Yacarcross tamén foi o máis rápido de todos os participantes da proba cun tempo final de 24:02.578. A continuación, no segundo posto da xeral nun Kincar situouse Manuel Rey, mesma montura que o terceiro clasificado, David González, tamén nun Kincar.

Ventín sumou ademáis o triunfo na Copa MRF, por diante de David González e de Antonio Viloria, nun formato que contou con nada menos que 16 equipos inscritos no debut competitivo deste formato.

En canto a clase B, primeira victoria da tempada para Tino e Jorge Iglesias, no seu habitual Ford Fiesta N5 cun tempo final de 25:56.643, o que lles serviu ademáis para ser sextos da clasificación xeral.

O segundo posto da clase B foi para César Garabatos e Santi Nieto, no Mitsubishi Lancer Evo X, sendo ademáis os primeiros clasificados da Copa Pirelli 4X4. Completaron o podio os ourensáns Arturo Cota e Diego Blanco, no Seat León 4×4.

No tocante a Copa Pirelli 4×4, o podio completouse con Daniel Vázquez e Diego Ponte e David González e Cristian Mejuto.
Dentro dos participantes da Copa Pirelli tracción dianteira, primeiro posto para Juan José Pintos e Joel Souto, seguidos de Jesús e Manuel Sánchez e de José Luis Fernández e Andrés Costas.

Fran Abalo e Manuel Raido foron os mellores clasificados dentro da Copa Iniciación de Escuderías. A continuación, Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo e Gonzalo Fernández e Sergio Cancela.

A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar os días 14,15 e 16 de xuño con motivo do Rallimix Sidra da Estrada.

Compartir