A CHUVIA NON DETIVO AOS MÁIS DE 70 EQUIPOS PRESENTES NO KARTING DE A MADALENA

5 mayo, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Karting deu comezo esta fin de semana con máis de 70 equipos inscritos na primeira data celebrada no circuito da Madalena, en Forcarei.

Unha fin de semana marcada polo mal tempo en toda Galicia, o que fixo que prácticamente todas as mangas durante os dous días se celebrasen en auga e que obligou a suspensión dalgunhas carreiras polo anegamento do circuito.

Despois dos adestramentos e a competición Pre Rookie do sábado (unha cita non competitiva e orientada a que os deportistas máis xóvenes comecen a familiarizarse co karting), o domingo chegou o momento das carreiras no resto de categorías oficiais.

Aroa Fernández foi a vencedora da primeira proba do campionato dentro da categoría Rookie. A continuación clasificáronse Nicolás Fernández e Iago Rodríguez nunha proba na que se produciu o debut de varios equipos procedentes da modalidade Pre Rookie.

Dentro da modalidade Mini, o mellor clasificado foi Kevin Fernández, seguido de Jaime Teijeiro (primeiro dentro da modalidade Mini Novel) e Jorge Núñez (2º Mini Novel). O cuarto posto e terceiro dentro dos participantes Mini Novel foi para Álvaro Castro.

Na sempre competida categoría Júnior, primeiro posto da xeral ao término da proba pontevedresa para Alejandro Méndez, con Daniel García e Adrián Regueira no segundo e terceiro posto da xeral, respectivamente.

Alexandre Mariño, becado da FGA na modalidade de Autocross, foi o gañador da proba Sénior, con Brais García e Lucas Merlán completando o podio.

Mateo García, becado da FGA en montaña foi cuarto clasificado nesta primeira cita puntuable do certame.
Por último, dentro da categoría raíña, a KZ, primeiro posto Nacho Aviñó, presidente da Federación Valenciana de Automobilismo, que se desplazou ata a Madalena para desfrutar do excelente nivel competitivo do certame galego. A continuación, Guillermo Carrera e Xosé Brais Pereiro, nun podio acaparado por pilotos todos da categoría KZ2.

O primeiro participante dentro da categoría KZ foi Ernesto del Cinque na cuarta posición da xeral.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Karting levará aos equipos ata As Pontes o 20 e 21 de xullo.

Compartir