PLENO DE INSCRITOS NA TERCEIRA EDICIÓN DO RALLYSPRINT VAL DE RAMIRÁS

17 julio, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i chega ao ecuador da tempada. Terceira proba puntuable e outras tantas por celebrar unha vez que os 91 participantes e 3 extra inscritos completen a cita ourensá.

Desta forma, as verificacións técnicas optativas darán comezo este venres ás 20:00 horas para os equipos máis madrugadores, deixando as obrigatorias para o sábado á mañá.

Nesa mesma xornada, turno para os recoñecementos e preparación para unha carreira que dará comezo ás 14:45 horas co primeiro treito cronometrado. O primeiro participante chegará ao parque pechado final ás 20:10 horas da tardiña.

Entre os principais favoritos, tódolos habituais do certame de Rallysprint, coas novidades de Fermín Sousa e Carmen Montenegro cun Renault Clio R3t ou Antonio Fernández «Ventura» e Jordán Vázquez cun Peugeot 208 Rally4 nunha lista de inscritos con moito interese tanto na loita pola xeral coma na Copa Kumho e as distintas agrupacións.

 

Compartir