IVÁN PICALLO IMPONSE NO SLALOM DE MOECHE

19 julio, 2026

Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o vencedor do Slalom de Moeche, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade disputado este sábado 18 de xullo na localidade coruñesa.

Picallo, defensor do título autonómico (2:08.717), superou en máis de dous segundos na clasificación xeral a Aitor Fornos, aos mandos do Citroën AX co que compite esta tempada.

Completou o podio, Pablo Castro, tamén nun Citroën Ax.

Pecharon os cinco primeiros clasificados Antonio Amor e José Luis López Fontao, no Seat 124 e o Citroën Ax Sport.

David Rodríguez foi o mellor clasificado na categoría de debutantes seguido de Borja Grandal e Yerai Ponce.

Alba Senande foi a primeira participante feminina clasificada.

Compartir