O Slalom de Moeche marca a cuarta parada dun Campionato Xunta de Galicia de Slalom cunha apretada axenda estival.
Nova cita puntuable para un certame que continúa a medrar en inscritos en prácticamente tódalas súas carreiras. Nesta ocasión a cita coruñesa contará con 81 equipos na liña de saída, nove máis que en 2025 e con tódolos candidatos ao título final entre os participantes.
Iván Picallo, Pablo Castro, Aitor Fornos, Aitor Coto ou Anxo Lariño, entre outros, parten con opcións de triunfo nunha competición que dará comezo a primeira hora da mañá coa primeira manga de adestramentos en pleno corazón da vila. O comezo está fixado ás 10:15 horas.
Xa despois do xantar, ás 16:30 horas, os equipos disputarán as dúas mangas oficiais das que sairá o novo campión desta cita que cumpre 11 edicións.
A entrega de premios está fixada para as 21:45 horas
