O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi cruza o ecuador da tempada coa celebración do Rally Sur do Condado.
En total serán 121 equipos os que tomarán a saída na proba pontevedresa, 11 máis que en 2025, cun elenco de participantes no que estarán prácticamente tódolos favoritos ao título nos distintos formatos.
Este ano a atención pola victoria céntrase nos vehículos Rally2/R5 con oito unidades inscritas. Ademáis tamén estarán os distintos formatos promocionais de Pirelli, o Clio Trophy, o Volante FGA – Sandero Eco Cup e o Criterium Recalvi.
A proba, organizada pola Escudería Surco e con máis de 20 anos de experiencia, convírtese un ano máis na máis extensa do certame, con seis treitos a doble pasada, o que sumado ao caluroso verán que se está a vivir en Galicia, fará que os equipos vivan unha auténtica carreira de resistencia.
O primeiro treito dará comezo ás 07:40 horas, mentres que o primeiro participante chegará ao parque pechado final ás 21:30 horas.
