O PROGRAMA “FGA NAS AULAS DE PRIMARIA” DETÍVOSE ESTE MARTES 14 DE MAIO NO COLEXIO LAR DE VIGO

14 mayo, 2024

O programa FGA nas Aulas de Primaria, que conta coa colaboración de GADIS e a axuda de Lácteos Kalekoi, fixo a súa séptima parada do curso escolar no Colexio LAR de Vigo, nunha xornada na que estivo presente o campión galego de rallyes, Alberto Meira, ademáis do Dacia Sandero coa que a Deputación de Pontevedra lanzará a iniciativa “+Talento Motor”.

Nesta ocasión foron máis de 100 alumnos de quinto e sexto de primaria do centro escolar pontevedrés os que aprenderon e adquiriron nocións de automobilismo deportivo, nunha charla amena e distendida, na que o turno de preguntas foi do máis animado.

Durante aproximadamente 45 minutos, os estudantes escoitaron atentamente as explicacións dos pontentes, para despois pasar a desfrutar das explicacións de Alberto Meira sobre as particularidades do Dacia Sandero ECO Cup, un vehículo ecolóxico que debutará na Copa de Promoción galega no próximo Rallye de Pontevedra o último fin de semana de maio.

Ademáis, como ben sendo habitual os alumnos coñeceron o concurso de debuxo polo cal poderán ser os que rotulen o vehículo do becado, Álvaro Castro Laíño, nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Compartir