O CEIP MACIÑEIRA DE NEDA ACOLLEU A OITAVA PARADA DO PROGRAMA “FGA NAS AULAS DE PRIMARIA”

16 mayo, 2024

Nova parada do programa “FGA nas Aulas de Primaria” coa visita ao CEIP Maciñeira de Neda, na provincia de A Coruña.

A escola coruñesa, foi a protagonista deste ciclo de charlas que alcanzou a súa oitava cita. Nesta ocasión os protagonistas de narrar a súa experiencia no mundo do motor aos máis de 50 alumnos presentes foron Rubén Gandoy e Aitor Fornos, que ademáis levaron os seus Peugeot 206 para que os máis novos puidesen ver un vehículo de competición de preto.

Durante máis de unha hora, os escolares recibiron nocións do que é o automobilismo de competición e tamén pautas para a práctica de deporte saudable.

Como non, no turno de preguntas vivíronse momentos de diversión que tiveron como colofón o anuncio do concurso de debuxo polo cal un alumno participante neste programa será o responsable do deseño do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Compartir