SILLEDA ACOLLE A SEGUNDA CITA DO GALEGO DE RALLYSPRINT

17 mayo, 2024

A segunda proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint chega esta fin de semana a Silleda cunha lista de inscritos de 87 equipos, o que confirma a excelente acollida desta modalidade posta en marcha esta tempada en Galicia.

Unha lista de inscritos cos principais favoritos ao triunfo na saida da localidade pontevedresa. Antonio Fernández e Alberto González defenderán o liderato do certame co Mitsubishi Lancer Evo X ante equipos como os formados por José Manuel Pazos e David Calvo ou Adrián Campaña e Manuel Raido e cun ollo posto en Javier Ramos e Alex Moure, Abel Pampillón e José Lage ou os competitivos Renault 5 GT Turbo de Javier Martínez Carracedo ou Juan José Couceiro, entre outros.

Ademáis participarán seis equipos dentro da categoría extra, con varios vehículos da categoría R5 e N5, que non puntúan para o certame.

Tamén estarán presentes os participantes no Desafío Kumho e debutará o Trofeo Igol dúas Rodas Motrices, nunha fin de semana que comezará hoxe venres 17 de maio coas verificacións optativas dos vehículos.

Para o sábado, o resto de verificacións e a partires das 14,45 horas o primeiro dos catro treitos cronometrados que forman parte do percorrido da carreira.

Ás 19,25 horas chegará o primeiro participante á rúa Pintor Colmeiro. A entrega de premios está marcada para as 21,15 horas.

Compartir