O Campionato Xunta de Galicia de Karting continúa durante os días 21 e 22 de xuño coa celebración da segunda data puntuable, un Karting de Outeiro de Rei que contará con 112 equipos, unha dinámica positiva que mostra o rexurdimento desta modalidade en Galicia.
O sábado 21 será o turno dos adestramentos libres e as carreiras da categoría non competitiva, a pre-rookie, que comezarán as 14:15 horas.
Xa no domingo, turno para o resto de categorías, con comezo ás 09:15 horas. A primeira das carreiras oficiais comezará ás 11:50 horas e a segunda será ás 13:30 horas.
A entrega de premios será ás 15:60 horas no circuito lucense.
