RAMILO E OS IRMANS IGLESIAS, OS VENCEDORES NO RALLYMIX SIDRA DA ESTRADA

21 junio, 2025

Javier Ramilo no Yacarcross e os irmans Iglesias, Celestino e Jorge, no Ford Fiesta N5, foron os gañadores do Rallymix Sidra da Estrada, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix.

Nunha xornada de moita calor e con bastante polvo no treito de 11 quilómetros escollido pola Escudería San Paio, Ramilo foi o máis rápido cun tempo final de 32:08.294, sete segundos máis rápido que Alfonso «Pisko» Ventín, tamén nun Yacarcross.

Precisamente, «Pisko» Ventín foi o mellor entre os participantes da Copa MRF, por diante de Ismael Neira e Adrián Andrés.

O terceiro chanzo do podio da xeral absoluta foi para Darío Calviño, a 39 segundos da cabeza.

Na clase B, victoria para Celestino e Jorge Iglesias, no Ford Fiesta N5. O segundo posto foi para Santi e María Martínez no Fiesta R2 e o terceiro para Emilio Pérez e Álvaro Santalla, no BMW.

Rubén Ordóñez e Sabela González fixéronse co triunfo na Pirelli Dianteira, por diante de Carlos Maquieira e José Angustia e de Eduardo González e Iván López.

Na copa Iniciación Escuderías, primeiro posto para Carlos Maquieira e José Manuel Angustia, no Peugeot 106.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar en Ribadunia os días 25,26 e 27 de xullo.

Compartir