O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix continúa esta fin de semana coa celebración da terceira proba puntuable para o certame, un Rallymix Sidra da Estrada que contará con 90 equipos na liña de saída.
A proba pontevedresa, que se disputará íntegramente durante o sábado, comezará oficialmente este venres coas verificacións administrativas e técnicas, a partir das 18:00 horas da tarde no anexo do Campo de Fútbol de Callobre.
Xa no sábado 21 de xuño, turno para as catro mangas de competición, con comezo a partir das 09:30 horas e publicación dos resultados as 20:30 horas.
A entrega de premios está marcada para as 21:00 horas no parque pechado da proba.
En canto aos participantes, grande número e nivel de inscritos, con Alfonso «Pisko» Ventín co dorsal 1 e líder da Copa MRF de Rallymix, que nesta ocasión conta con 11 equipos. Ademáis de «Pisko», tamén parten con opcións outros nomes como Darío Calviño, Abel Jurado, Víctor Fernández, Javier Ramilo, Sergio Fernández ou Antonio Viloria, entre moitos outros.
Ademáis, entre os carrozados, os irmáns Iglesias, Celestino e Jorge, defenden o liderato do certame ante Manuel Osorio e Alberto Dos Reis, no Skoda Fabia R5. Tamén tomarán a saída Paco Dorado e Andrea Lamas, no Vw Polo R5, coma parte da súa preparación para o Campionato de España de Rallyes de Terra.
Sumándose a concorrida copa MRF para Carcross haberá a Copa Pirelli e a Copa Iniciación Escuderías, que aportarán emoción e igualdade a un certame que continúa a crecer proba tras proba.
O sportity do Rallymix Sidra da Estrada é : SIDRA25.
