BETO LORENZO E DANIEL CIERTO, PRIMEIROS VENCEDORES DA COPA MRF EN O CASTRO

2 mayo, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Autocross chegou con novidades para este 2024. Unha de las foi a creación da 1ª Edición da Copa MRF, que contou cun bo número de inscritos nas clases III e V ou o que é o mesmo, Cacross e Carcross Júnior.

Primeira toma de contacto no circuito de O Castro para o novo neumático da firma MRF, que mostrou un excelente rendemento ao obter a victoria na proba nas mans de Beto Lorenzo. O piloto do Kincar logrou o triunfo absoluto e a primeira praza na Copa MRF seguido no podio desta nova fórmula promocional de Iván Couto e José L. González, ambos sobre Yacarcross. Diego García, becado da FGA na Dacia Sandero ECO Cup Galicia, foi cuarto clasificado deste formato cun LifeLive.

En canto a Clase V, reservada para os participantes da categoría júnior, primeira victoria da tempoada para Daniel Cierto, que foi segundo clasificado da xeral da proba nesta modalidade. Completaron o podio os dous becados da Federación Galega de Automobilismo esta tempada, Dani Abellón e Alex Mariño,no que foi un triplete da firma Yacarcross.

A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Autocross será en Arteixo o día 11 de maio.

Compartir