MÁIS DE 50 EQUIPOS TOMARÁN A SAÍDA NO SLALOM DE ANTAS DE ULLA

3 julio, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom afronta esta fin de semana a súa terceira parada do curso, un Slalom de Antas de Ulla xa asentado no certame autonómico.

Finalmente serán 52 equipos os que tomarán a saída nunha proba lucensa que aumentou considerablemente o número de inscritos con respecto a edicións anteriores, o que confirma o crecemento da modalidade.

En canto aos favoritos, Iván Picallo defende o seu triunfo de 2025 fronta rivais do nivel de Pablo Castro ou Anxo Lariño, entre moitos outros.

A proba dará comezo ás 10:30 horas coa celebración da primeira das mangas de adestramentos. A segunda será xusto a continuación.

As mangas oficiais comezarán ás 16:00 horas coa entrega de premios marcada para as 21:15 horas no centro de Antas de Ulla, na praza do Concello.

Compartir