Alejandro Martínez (Clase I), Felipe Santos (Clase II), Beto Lorenzo (Clase III), Enrique Castro (Clase IV) e Joao Traila (Clase V) foron os gañadores da 89 edición do Autocross de Arteixo, cuarta proba do Campionato Xunta de Galicia da especialidade e que superou os 90 equipos inscritos na liña de saída.
Con visitas de ilustres coma Iván Ares, Diego Ruiloba, Álvaro Muñiz e Sergi Pérez na categoría carcross, o sábado convertiuse nunha festa do automobilismo galego, con centos de espectadores presentes en todas e cada unha das mangas disputadas.
Na Clase I, triunfo para Alejandro Martínez, que no Peugeot 206 superou a Alejandro Vecino e a Juan Ángel Rodríguez en 3,4 e 7,5 segundos.
Felipe Santos foi o mellor na final da Clase II. Aos mandos do Peugeot 106, Santos superou a Jon Ander López en apenas medio segundo e a Martín Castro en pouco máis de tres.
Entre os Carcross da Clase III, victoria para Beto Lorenzo, seguido de Andrés Iglesias e de Antón Muiños. Iván Couto protagonizou unha excelente remontada na final para rematar no cuarto posto.
Enrique Castro obtivo o primeiro posto na Clase IV por diante de Alejandro Rama, mentres que na Clase V, reservada aos carcross júnior e con 14 equipos participantes a victoria foi para Joao Traila seguido de Lolo Bermúdez e de Daniel Cierto.
Na Copa MRF Júnior, primeiro posto para Manuel Mariño, piloto integrante do FGA Júnior Team by MaxiDeza. O segundo posto foi para Adrián Fernández e o terceiro para Naiara Trampal.
