Antonio López Lence e Santiago Gil, aos mandos do Peugeot 205 Yacar, foron os absolutos dominadores da terceira edición do Rallysprint Val de Ramirás, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i.
Lence e Gil situáronse coma líderes dende o primeiro parcial cronometrado e non se baixaron desa posición ata retornar a Vilavidal. Tan só no derradeiro treito e producto da vantaxe que levaban a parella do 205 cedeu o scratch ante Carracedo e Barrán, que foron segundos clasificados.
O terceiro posto, nunha proba excelente foi finalmente para Diego Félix e Héctor Gómez, que loitaron con unllas e dentes polo segundo chanzo.
Completaron os cinco primeiros clasificados, Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez nunha proba moi intelixente e demostrando a súa rapidez no Evo IX e David Rivas e José Vieitez, despois de sufrir uns pequenos problemas cos frenos no seu revisado Citroën C2 R2 Max.
O vencedor dentro da Copa Kumho foi Emilio Vázquez, copilotado por Dani González, no Peugeot 106 Kit Car. A segunda posición foi para Logan Salgueiro e José Antonio González e a terceira para Jesús Vázquez «Choqueiro» e a súa filla Laura.
