O certame máis madrugador, o Campionato Xunta de Galicia de Karting remata esta fin de semana de maneira competitiva coa celebración da cuarta proba, o Karting de Outeiro de Rei. Segunda visita ó trazado lucense e novamente unha lista de inscritos con máis de 100 equipos, cifra xa habitual nunha modalidade plenamente asentada e recuperada logo de catro anos de esforzo e traballo.
Turno para coñecer aos campións galegos de 2026 que aínda terán a Supercopa de Karting no mes de outubro, pero que saltarán ao asfalto de Outeiro coa intención de subir ó máis alto do podio.
Desta forma, os equipos participantes terán durante a xornada do sábado o clásico día de adestramentos, mentres que os pre-rookie participarán na súa modalidade non competitiva e formativa.
Xa no domingo, dende primeira hora da mañá, turno para as mangas de adestramentos e clasificatorias, antes de pasar as dúas carreiras por modalidade das que sairán os campións da fin de semana e, coma se dixo anteriormente, da tempada de karting galego en 2026.
