IVÁN PICALLO VENCE O SLALOM DE RODEIRO

17 agosto, 2025

Iván Picallo, aos mandos do Citroën Saxo, foi o vencedor do Slalom de Rodeiro, proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom.

Picallo, un dos protagonistas do certame autonómico, deixou o crono fixado en 1:08.910, o que lle serviu para sumar unha nova victoria ó seu palmarés.

O segundo posto da xeral foi para Borja Cotovad, no seu espectacular Ford Escort MK2 a 0.136 segundos do primeiro lugar.

Completou os tres primeiros postos da clasificación xeral David Franco, tamén nun Citroën Saxo,  a algo máis de dous segundos do vencedor.

A continuación situáronse José Luis López e Francisco Rodríguez, nun Citroën Ax e nun BMW E36, respectivamente.

Precisamente Francisco Rodríguez foi o mellor no apartado de debutantes, seguido de Alba Senande e Carlos Mariña.

Compartir