O Campionato Xunta de Galicia de Slalom desprázase esta fin de semana ata o concello pontevedrés de Rodeiro, que acolle a sexta parada do certame autonómico.
A cita, que contará con 28 equipos na liña de saída, está organizada pola escudería Lalín Deza, terá un trazado técnico e complexo, que a bo seguro gustará aos afeccionados que se despracen ata aló.
A proba comezará ás 12:00 horas do mediodía coa primeira das pasadas de adestramentos. A partir das 16:00 horas, a segunda manga de adestramentos e as dúas oficiais, coa entrega de premios marcada para as 21:15 horas no parque da localidade, nun cambio de última hora de ubicación.
O sportity da proba é RODEIRO1
