O Campionato Xunta de Galicia de Autocross continúa este sábado coa celebración da quinta proba puntuable, o Autocross de Carballo.
Segunda parada deste curso no trazado carballés e máis de 60 equipos na lista de inscritos, nunha recta final de tempada co almanaque cheo de carreiras para os pilotos galegos.
Despois das verificacións optativas deste venres 11 de setembro será o turno para as obrigatorias para o resto dos equipos o sábado 12 desde as 09:30 horas.
A partir das 10:30 a actividade comezará co warm-up, para afrontar os adestramentos oficiais durante o resto da mañá.
Logo do parón do mediodía as clasificatorias e finais darán comezo a partir das 15:00 horas para afrontar as finais a partir das 18:00 horas.
