Aitor Fornos sumou o seu segundo triunfo da tempada no Slalom de Rianxo, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade.
Fornos, cun tempo de 1:23.7, superou en apenas seis décimas de segundo ao defensor do título, un Iván Picallo realmente competitivo.
O terceiro chanzo do podio foi para o compañeiro de vehículo de Fornos, Pablo Castro, que a súa vez foi o vencedor da cita inaugural en As Pontes.
Completaron os cinco primeiros clasificados Manuel Cabado e Francisco Rodríguez.
O mellor entre os debutantes foi David Rodríguez, que rematou na séptima posición da xeral.
Logo da cancelación do Slalom de As Somozas, o Campionato Xunta de Galicia de Slalom rematará no mes de novembro en Fene.
