A localidade pontevedresa de Ponte Caldelas convírtese no epicentro da montaña galega coa celebración da sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.
Novena edición da proba e novamente máis de 90 equipos na liña de saída, o récord da tempada polo momento, pero coas ausencias de Jacobo Senín, Martín Villar, Yelco Álvarez e Fran Casqueiro entre os equipos participantes.
As verificacións administrativas comezarán ás 18:30 horas deste venres 11 de setembro, coas obrigatorias para os demáis equipos participantes que non o fixeron no venres para o sábado a partir das 08:00 horas.
A primeira manga de adestramentos do sábado está marcada para as 13:30 horas, coas dúas primeiras oficiais xusto a continuación.
Xa no domingo, turno para a segunda ascensión de adestramentos desde as 09:30 horas, co mesmo esquema para as mangas oficiais que no sábado.
A entrega de premios terá lugar na Alameda de Ponte Caldelas ao término da competición.
