BARBADÁS PECHA A TEMPADA 2024 DE RALLYMIX

25 octubre, 2024

A localidade ourensá de Barbadás acolle esta fin de semana (26 e 27 de outubro) a séptima e derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix.

A cita decana do autonómico de Rallymix, que este ano cumple dez anos de existencia, contará con 70 equipos na liña de saída dun dos trazados máis atractivos do ano.

Con apenas seis quilómetros de lonxitude, o centro neurálxico da carreira estará na contorna da Casa do Concello de Barbadás, polo que os afeccionados non terán problemas para acceder ao percorrido habitual desta carreira.

O sábado a proba comezará as 12 do mediodía e constará das tres primeiras mangas cronometradas. Para o domingo, dende as 9:30 horas, turno para as dúas mangas restantes.

A entrega de premios está marcada para as 14:00 horas na Casa do Concello de Barbadás.

Na lista de inscritos de Barbadás, presencia dos principais favoritos do certame durante toda a tempada 2024. Alfonso “Pisko” Ventín parte como principal candidato na clase A, coa presencia garantida de Abel Jurado, Javier Ramilo ou o ourensán Abrahán Vázquez, que obtivo fai uns días o título nacional de montaña na categoría de carcross.

Na clase B, reservada a carrozados, Tino e Jorge Iglesias parten coa vitola de equipo a batir co permiso de Jaime Pérez e Gonzalo Cardalda ou os ourensáns Arturo Cota e Diego Blanco ou Rodrigo Rodríguez e Manuel Ledo.

Ademáis, tamén marcarán presenza os equipos inscritos nas Copas Pirelli e na Copa MRF de Carcross.

Compartir