O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes 2024 rematou este sábado 19 de outubro coa celebración do Rallye San Froilán, décima e derradeira proba puntuable do certame e que foi parar a mans de Dani Berdomás e Brais Mirón, no Skoda Fabia R5.
En total foron 150 equipos os que se deron cita na proba lucense, no que foi un récord de inscripción da tempada. Cun clima chuvioso e moita lama nos treitos, os mellores foron os integrantes da Escudería JRT, que acadaron o seu segundo triunfo do curso e unha nova victoria dentro do Supercampionato R5 Pirelli – Recalvi.
Berdomás e Mirón, que remataron a proba cun tempo final de 1:04.01.287, confirmaron o seu excelente estado de forma e aguantaron os ataques do equipo que sería finalmente segundo clasificado, formado por Francisco Dorado e Andrea Lamas.
Aos mandos do Citroën C3 WRC, Dorado e Lamas realizaron unha proba de menos a máis, adaptándose co paso dos quilómetros á montura francesa para quedarse a tan só 36 segundos dos vencedores da proba.O terceiro chanzo do podio foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, que perderon todas as opcións de victoria ao picar un pneumático no primeiro paso por Guillar.Meira e Martínez quedáronse finalmente a 1:06 minutos dos gañadores da proba.
Completaron os cinco primeiros postos da clasificación da proba César Gonzalves e Miguel Peña (Hyundai I20 Rally2) e José Lamela e Unai Conde (Toyota Yaris).
Ademáis, José Lamela e Unai Conde, no Yaris GR da copa nacional, foron os mellores clasificados dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia B, con varios cronos destacados durante a fin de semana, incluido un cuarto posto no treito inicial disputado na noite do venres.
A continuación situáronse neste trofeo Rubén López e José Ángel Fente, no seu debut co Skoda Fabia N5 e Manuel Souto e Raquel Rodríguez, que tamén estrearon nesta proba un Peugeot 208 R2.
Nesta proba xogábanse o título da Top Ten B, Antonio Fernández e Alberto González con Rubén e Noé Cela.
A retirada por un conato de incendio do primeiro deixou en bandexa a victoria final para o equipo do BMW, que mostraron a súa euforia ao término da proba.
Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey, xa campións da Top Ten Pirelli Driver Autia C, completaron un ano case perfecto cun novo triunfo, nesta ocasión no Rallye San Froilán.
Na despedida de Rey nas tarefas de copilotaxe de Castro Laiño, rendiron a un excelente nivel superando ao seu principal rival no Clio Trophy, Gabriel Rodríguez e Álex Vaqueiro en máis de medio minuto.
Terceiros foron Sergio Sánchez e Luis Prego no Peugeot 205.
Precisamente ese triunfo na Top Ten C foi tamén un primeiro posto no Clio Trophy, que tamén marchou a mans de Castro Laiño e Rey.
Segundos clasificados na proba e no certamen foron Gabriel Rodríguez e Alex Vaqueiro. Iván e Diego Vázquez foron os terceiros clasificados do formato monomarca francés.
Tamén se decidiu a victoria final da Pirelli AMF MS en chan lucense. Álvaro Pérez e Manuel Estévez partían como favoritos e case campións antes da proba e cumpriron.
Ademáis a prematura retirada de Jacobo Segade e Andrea Fidalgo, con problemas na caixa de cambios no terceiro treito despois de marca o mellor crono nos tres primeiros, deixoulle vía libre ao equipo do C2 para acadar unha nova victoria e o título na copa.Óscar Gallego e Uxía Rodríguez e Alberto Alonso e Jacobo Martínez foron segundos e terceiros clasificados, respectivamente.
Na Sandero Eco Cup Galicia, primeiro posto para os xa campións, Yago Martínez e Álex Sampayo. Segundo posto para o becado da Deputación de Lugo, Pablo López e Antonio Solórzano e terceira para Santi Pais e Sergio C. Boga.
Adrián Torreiro e Pedro Rivas impuxéronse no Volante FGA-PXP25, por diante de Diego Camuñas e Lucía Sesar e de Brais García e Adrián Folgueira.
Dentro do Criterium Recalvi, novo primeiro lugar para Adrián Regueira e Sergio Fernández, o que lles serviu para facerse co título na segunda edición deste formato promocional.
O segundo posto foi para Yeray González e Xoel Álvarez, que a súa vez foron os vencedores da Beca24. Terceiros foron Martín Varela e Laura Moreira, segundos dentro da Beca24.
Entre os históricos, primeiro posto para Juan Manuel Freiría e Xeila Docabo. O segundo posto foi para Diego Fente e Manuel Regueira.
