O ciclo de charlas introductorias ao mundo do automobilismo deportivo «FGA nas Aulas de Primaria» comezou este 25 de febreiro coa visita ao Colexio Pio X de Ourense.
O centro situado no barrio de Mariñamansa foi a primeira parada das 12 marcadas na axenda deste curso, nun ciclo que percorrerá as catro provincias galegas ata o mes de xuño.
Nesta ocasión foron 110 escolares os que aprenderon nocións sobre automobilismo, saúde e curiosidades do deporte, coa presenza se Yeray González (becado da Deputación de Ourense na tempada 2026) e José Antonio Sanmamed, que ademáis levaron os seus vehículos para que os nenos e nenas desfrutasen de primeira man como é un coche de carreiras.
Os asistentes tamén participaron no podcast da escola e sometéronse as sempre esixentes preguntas dos máis pequenos.
