OUTEIRO DE REI SUBSTITÚE A MADALENA NO GALEGO DE KARTING

27 febrero, 2026

A Federación Galega de Automobilismo quere informar de que a segunda proba do Campionato Xunta de Galicia de Karting prevista inicialmente no Circuito de A Madalena, en Forcarei (Pontevedra), terá lugar finalmente no Circuito de Outeiro de Rei (Lugo) nas mesmas datas inicialmente plantexadas.

O motivo do cambio de trazado débese ao mal estado no que se atopa a pista pontevedresa debido á sobreutilización da mesma durante os últimos tempos. Lamentamos non poder estar nesta ocasión nun dos nosos circuitos favoritos, pero cremos que a seguridade dos participantes é primordial nunha federación como a nosa.

Os adestramentos colectivos terán lugar os días 28 e 29 de marzo e a carreira oficial disputarase os días 3,4 e 5 de abril, conforme ao calendario autonómico.

Dende a Federación Galega de Automobilismo queremos pedir desculpas ante esta decisión, aínda que consideramos que é o correcto para o bo funcionamento do certame.

 

 

Compartir