A ESTRADA E CORTEGADA PECHARON O CURSO NUN «FGA NAS AULAS DE PRIMARIA» QUE TIVO 954 PARTICIPANTES

18 junio, 2025

O ciclo de charlas «FGA nas Aulas de Primaria» do curso 2024-2025 rematou esta semana coas dúas últimas visitas a centros escolares galegos. Nesta ocasión o turno foi para o CEIP Pérez Viondi de A Estrada e o CEIP Otero Novas de Cortegada, que xuntaron arredor de 200 escolares que puideron desfrutar dunha mañá de introducción ao automobilismo deportivo.

Nesta ocasión os ponentes foron Iván Picaño e os representantes de Escudería Estradense no caso do primeiro e de Rubén Castillo e Javier López no segundo, mostra do compromiso e cariño que os deportistas e organizadores poñen neste tipo de iniciativas que ó longo deste curso sumou nada menos que 954 participantes.

Novamente as anécdotas dos ponentes sumáronse as nocións básicas de automobilismo deportivo e seguridade, ademáis de dar un repaso a importancia da alimentación e, como non, a seguridade vial no día a día.

O concurso de debuxo, un dos momentos máis agardados, levará ao facer realidade o soño e creatividade dun alumno ou alumna nun rally do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

954 escolares e máis de 2000 quilómetros percorridos

Con estas dúas charlas péchase a segunda edición do «FGA nas Aulas de Primaria» que grazas á colaboración de GADIS e Recalvi leva o mundo do automobilismo polas catro provincias galegas.

Nesta segunda ocasión foron 954 alumnos e alumnas os que pasaron por esta actividade, 251 máis que na primeira edición.

Ademáis, percorréronse 2.000 quilómetros para chegar tanto as principais cidades galegas coma os núcleos rurais, nunha clara aposta pola nosa terra.

O gañador ou gañadora do concurso de debuxo darase a coñecer a finais do mes de setembro.

Compartir