XORNADA ELECTORAL NA FGA: 410 PERSOAS VOTARON NAS CATRO MESAS DA ASEMBLEA XERAL

15 noviembre, 2026

A Federación Galega de Automobilismo celebrou este domingo, 15 de novembro, a xornada de votación para a elección dos membros da Asemblea Xeral, con mesas electorais en Ourense, Pontevedra (Lalín), A Coruña (Santiago de Compostela) e Lugo, de 10:00 a 14:00 horas.

Segundo os datos provisionais das mesas, votaron presencialmente 410 persoas: 173 en Pontevedra, 112 en Santiago de Compostela, 76 en Ourense e 49 en Lugo.

Estes datos non inclúen o voto por correo, cuxo reconto se realizará o martes 17 de novembro, ás 16:00 horas, na Secretaría Xeral para o Deporte, en Santiago de Compostela.

Despois do reconto, a Xunta Electoral realizará a proclamación provisional das persoas electas, que poderá ser recorrida ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva antes da proclamación definitiva.

A FGA agradece a todas as persoas que participaron, e aos membros das mesas electorais, o seu traballo durante a xornada

Compartir