David Rivas e José Vieitez foron profetas na súa terra e lograron a victoria no Rallysprint Cerceda – Tordoia, sexta e última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i celebrado nos concellos coruñeses baixo unhas condicións moi complicadas.
A inestabilidade climatolóxica puxo en xaque ós 95 equipos participantes na proba, debutante no calendario autonómico. Nese tempo complicado e cun firme moi deslizante, Rivas e Vieitez fixeron unha excelente proba (con susto incluido no primeiro treito) para lograr a primeira victoria absoluta da súa carreira, nesta ocasión ben preto da casa.
O equipo do Citroën C2 R2 firmou un crono final de 31:16.800 tan só 0.8 segundos máis rápido que outro equipo protagonista, o formado por Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez, que non puideron conter o ataque final de Rivas e Vieitez.
O terceiro chanzo do podio foi finalmente para Dani Remuiñán, con Álvaro Cerqueiras o seu lado no Peugeot 205 Yacar.
Completaron os cinco primeiros postos da clasificación, Javier Martínez Carracedo e José Antonio Barrán e Javier Ramilo e Francisco García, no Renault 5 GT Turbo e o Mitsubishi Lancer Evo VIII.
Na Copa Kumho, unha nova exhibición dos equipos favoritos. Nesta ocasión o triunfo e o título marchou para ourense. Emilio Vázquez e Dani González foron os vencedores deste trofeo por diante de Jacobo Collazo e Adrián Guillade. O terceiro posto foi para Aitor Fornos e Laura Díaz.
Por último, no apartado de históricos, novo triunfo para Santiago e José Manuel Busto, seguidos de Antonio Vázquez e Alberto Santamaría e José Manuel Mayo e José Antonio Teira.
