XORNADA DE VERIFICACIÓN VOLUNTARIA PREVIA AO INICIO DO GALEGO DE MONTAÑA

1 abril, 2024

A Federación Galega de Automobilismo porá en marcha unha xornada de verificación voluntaria dos vehículos participantes no Campionato Xunta de Galicia de Montaña, de cara a que todos os equipos cheguen a primeira cita puntuable, a Subida a Taboada, nas mellores condicións posibles.

Esta xornada de verificación voluntaria terá lugar na explanada do Centro Comercial Pontiñas de Lalín, dende as 10:00 horas da mañá do sábado 13 de abril.

Para poder realizar a verificación previa, os equipos deberán acudir co Performance Factor (PF) da tempada 2024 cuberto e listo para ser revisado polos técnicos da FGA. Non será válido o PF da pasada tempada.

Ademáis da presenza dos vehículos de montaña tamén poderán acudir os participantes dos outros certames galegos e así consultar calquera dúbida que teñan sobre a preparación ou seguridade dos seus vehículos de competición.

Compartir