PREZOS DOS PNEUMÁTICOS MRF PARA A COPA E O TROFEO DE RALLYMIX E AUTOCROSS

12 abril, 2024

O proveedor de MRF Tyres para España recibiu este pasado xoves 11 de abril a confirmación do envío do primeiro lote de pneumáticos para os participantes no Campionato Xunta de Galicia de Autocross que comezará en O Castro o día 27 de abril.

Desta forma, todos aqueles equipos deste certame que estén inscritos na Trofeo MRF de Autocross recibirán o seu pedido na semana da proba, solventando así os imprevistos loxísticos que xurdiron con este novo pneumático.

A pesares de que os regulamentos das copas marcan dez días de antelación para inscripción nas mesmas, debido a este atraso no suministro de pneumáticos aceptarase de forma excepcional que sexa con menos tempo.

Da mesma maneira farase para os participantes no Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, que comezará o fin de semana do 4 e 5 de maio en Touro. O stock estará reservado inicialmente para aqueles que se atopen inscritos na Copa MRF de Rallymix.

O prezo dos pneumáticos MRF para carcross na tempada 2024 serán os seguintes:

• MRF ZKC Dianteira: 115 € + IVE e ecotaxa.
• MRF ZKC Traseira: 125 € + IVE e ecotaxa.

Para poder participar en calquera das competicións e preciso adqurir os pneumáticos nos distribuidores autorizados que figuran nos regulamentos das mesmas e cubrir o formulario de inscripción disponible na páxina web da FGA (www.fga.es), no apartado Copas de Promoción.

Dende a Federación Galega de Automobilismo agradecemos o esforzo que están a facer os fabricantes de carcross (Yacar Racing, Kincar, La Base Motor Club e LifeLive Ibérica) para o desenrolo destas dúas copas. A súa implicación resulta imprescindible para que os equipos dos Campionatos Xunta de Galicia de Autocross e Rallymix teñan mellores condicións para a súa participación.

Compartir