COPA CM PROMOCIÓN CON HOOSIER E COPA SCC NA MONTAÑA GALEGA EN 2024

26 marzo, 2024

A Federación Galega de Automobilismo e o fabricante de pneumáticos Hoosier chegaron a un acordo para a posta en marcha de dúas copas no Campionato Xunta de Galicia de Montaña para os CM Promoción e os vehículos SCC, esta segunda con pneumático libre.

Este acordo permitirán que os equipos participantes con estes dous tipos de vehículos poidan optar a uns premios adicionais a final de tempada, co propósito a incentivar a súa participación no certame autonómico.

Desta forma, os interesados en participar na Copa CM Promoción deberán adquirir oito pneumáticos da marca Hoosier ao proveedor seleccionado, neste caso Vilariño Motorsport, en unha ou dúas compras e participar en alomenos 5 das sete citas puntuables do certame.

O premio a final de tempada no caso da Copa CM Promoción repartirase da seguinte forma:

No caso de haber soamente un participante:

  1. 1.000 euros.

No caso de haber dous participantes:

  1. 1.100 euros.
  2. 500 euros.

No caso de haber tres participantes ou máis:

  1. 1.200 euros.
  2. 700 euros.
  3. 400 euros.

En canto a Copa para vehículos SCC, que será con pneumático libre, terán que realizar o Performance factor correspondente e figurar na Clasificación final do campionato 3 vehículos da categoría dentro da clasificación final (participar en 5 probas).

No caso de producirse, o vencedor da Copa SCC recibirá 1.500 euros a final de tempada.

O regulamento das Copas, o formulario de inscripción e os prezos dos pneumáticos serán publicados nos próximos días.

Compartir