Vieitez e Álvarez finalizan terceiros un Rallye Pazo Tizón no que Maceiras e Iglesias abandonaron por saída de estrada

12 septiembre, 2023

Alexis Vieitez e Cristian Álvarez foron a cara positiva da participación dos becados da Federación Galega de Automobilismo logo de obter o terceiro posto da xeral absoluta no Rallye Pazo Tizón, sexta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes. Vieitez e Álvarez estiveron na loita polo podio durante boa parte da proba, e aímda qie uns pequenos problemas mecánicos e atoparse co público que estaba tentando axudar a Jorge Coca a volver os atrasaron, acadarpm finalmente o podio e o triunfo na Gara N5 e a Top Ten Pirelli Driver Autia B. Con esta victoria, a segunda consecutiva para Vieitez e Álvarez, o equipo do Nissan Micra N5 apreta a clasificación da Gara N5 e da Top Ten Pirelli Driver Autia B a tan só 14 puntos de desventaxa frente a José Lamela. Ademáis, os puntos logrados na cita ourensá permiten a parella pontevedresa situarse na sexta plaza da clasificación xeral do Campionato Galego de Rallyes despois de seis datas puntuables. Menos sorte tiveron Marcos Maceiras e Sergio Iglesias, que comezaron nos primeiros treitos cunha actuación sólida e sempre nos cinco primeiros postos da carreira, pero que remataron fora da proba tras sufrir unha saída de estrada na primeira pasada de Amoeiro – Maside. Os dous equipos becados pola Federación Galega de Automobilismo retornarán á competición no Rallye Ribeira Sacra no mes de setembro.

Clasificación final do Rallye Pazo Tizón

  1. Alberto Meira / Avelino Martínez
  2. Javier Ramos / Alex Moure
  3.  Alexis Vieitez / Cristian Álvarez
  4.  Jorge Pérez Oliveira / Miriam Vera
  5. José Lamela / Néstor Casal

Clasificación do Campionato Galego de Rallyes

  1. Alberto Meira // 216
  2. Víctor Senra // 205
  3. José Lamela // 128
  4. Javier Ramos // 120
  5. Alexis Vieitez // 105

Descarga o documento

Compartir