David Varela, Daniel Castro, Juan José Moll e Joao Traila foron os vencedores do Autocross de Santa Comba, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross.
Na Clase I, novo triunfo para David Varela. O piloto do Peugeot 306 logrou o primeiro posto na final cun tempo de 7:34.555. No segundo lugar, a máis de dez segundos do vencedor da proba situouse Eloy Castro, mentres que o terceiro foi para Óscar Vázquez.
Daniel Castro foi o vencedor da Clase II no circuito de Santa Comba nunha proba que contou con 15 equipos na grella de saída. Castro obtivo o primeiro posto cun tempo de 7:20.486, apenas dous segundos máis rápido que o segundo clasificado, Martín Castro. A terceira praza foi para Iván Fernández, a catro segundos da cabeza.
Juan José Moll, no Life Live, foi o vencedor da Clase III, unha categoría realmente competida e apaixoante. Moll aventaxou en nove segundos a Joaquín Chamorro e en nove coma nove a Iván Moscoso.
Precisamente Chamorro foi o primeiro clasificado da Copa MRF Sénior, con Moscoso en segunda praza e Beto Lorenzo, terceiro.
Por último, na Clase V, primeiro posto para Joao Traila aos mandos do Yacarcross. Lolo Bermúdez foi o segundo clasificado e Xaquín Corbal (piloto becado pola Federación Galega de Automobilismo), terceiro.
Corbal foi ademáis o primeiro clasificado da Copa MRF Júnior por diante de Daniel Cierto e Saúl Martínez.
