RIBADUMIA, SEGUINTE PARADA DO AUTONÓMICO DE RALLYMIX

25 julio, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix continúa esta fin de semana coa disputa da cuarta proba puntuable, o Rallymix de Ribadumia.

A cita pontevedresa contará con 101 equipos na liña de saída, case a metade carcross, o que confirma a aposta dos participantes do certame por este tipo de vehículos. Entre os favoritos na clase A, Javier Ramilo «Kobas», Darío Calviño, Victor Manuel Fernández, Abel Jurado ou Sergio Iglesias, ademáis de moitos outros.

Ademáis haberá nove equipos participantes na Copa MRF Rallymix, o que aportará unha dose de emoción extra á proba.

Dentro da clase B, novidades coma a presenza de Alberto Meira e Avelino Martínez co Skoda Fabia R5 ou Dani Chaves e José Carlos Lorenzo, que estrearán un Mitsubishi Lancer Evo IX. Estos equipos únense a Tino e Jorge Iglesias, Manuel Osorio e Jorge dos Reis ou Marcos Canedo e Sandra Amaro, todos eles con opcións de victoria.

Nesta clase de carrozados tamén estarán presentes os equipos participantes nas Copas Pirelli e na Copa Escuderías.

En canto aos horarios, a proba estará dividida en dúas xornadas e polo tanto constará de cinco mangas. O sábado o comezo está marcado para as 11:30 horas, mentres que na xornada dominical a actividade comezará ás 09:00 horas. A entrega de premios terá lugar ao término da carreira.

O sportity da cita é: RIBADUMIA2025

Compartir