Vïctor Senra e Moncho López, aos mandos do Hyundai I20N WRC, foron os vencedores do Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.
Senra, que tivo que mudar de copiloto a última hora, foi o mellor logo dos oito treitos cronometrados baixo a intensa calor sufrida na xornada. O equipo do Hyundai deixou o crono fixado en 59:59.295, 30.6 segundos máis rapido que Dani Berdomás e Brais Mirón, no Hyundai I20 Rally2.
O terceiro posto da proba foi para a grande sorpresa da xornada. José Lamela e Unai Conde, na súa primeira proba no Toyota Yaris Rally2, realizaron unha proba sobresaínte, con cronos interesantes e un ritmo prometedor.
O cuarto posto da carreira foi para Adrián Díaz e Sara Fernández, no Toyota Yaris GR, obtendo ademais o triunfo na Top Ten B.
Completaron o podio nesta copa, Abel Pampillón e José Lage e Celestino e Jorge Iglesias.
O quinto posto foi para Jorge Pérez e Manuel Raido, no Porsche 991 GT3.
Na Top Ten C, primeiro posto para David Rivas e José Vieitez, que ademáis lograron o triunfo na Challenge R2 Staroil.
O segundo posto foi para José Carlos Lorenzo e Daniel Chaves (terceiros na Challenge R2 Staroil foron Diego Félix e Héctor Rodríguez) e o terceiro para Álvaro Castro e Ricardo Rey , que a súa vez foron primeiros na Clio Trophy Galicia.
O podio da Clio completouse con Marco Lorenzo e Diego Gil e Guillermo Martínez e Nacho Sayans, que despois de dominar todo o día perderon a victoria no derradeiro treito.
Na Pirelli AMF, primeiro posto para Dani Álvarez e Adrián Vázquez, seguidos de Carlos Conde e Pablo González e Marcos Sanromán e Noel Claro.
Adri Torreiro e Pedro Rivas sumaron o triunfo no Volante FGA e na PXP. Samuel Graña e Xoel Álbarez foron segundos e Roberto Suárez e Cristian García, terceiros.
Novo triunfo de Miguel Gayoso e Carlos Guitián na Sandero Eco Cup Galicia, con Ruben Castillo e Alberto Rodríguez, equipo da Deputación de Ourense en segundo lugar e Eliot Gómez e Moncho Seoane terceiros.
Por último, no Criterium Recalvi, primeiro lugar para Adrián Regueira e Sergio Fernández seguido de Martín Varela e Laura Díaz e de David Torres e Manuel Lorenzo.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será no mes de xullo coa disputa do Rallye Sur do Condado.
